CEDIM

Rede Union Cooperacion

O Proxecto

CEDIM é un proxecto europeo que pretende promover redes de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal entre Galicia e o norte de Portugal, mediante a creación de Centros de Información ás Mulleres que presten servizos de información, formación e orientación. Baixo a fórmula da utilización compartida de equipamentos e servizos, CEDIM xurdiu da necesidade de dotar ás zonas transfronteirizas de mellores recursos en materia de igualdade, e de facelo de forma coordinada para aproveitar sinerxías que poidan mellorar a situación das mulleres, especialmente no que se refire á formación e ao emprego.

A Secretaría Xeral de Igualdade, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, a Comissâo para a Cidadanía e a Igualdade de Género de Portugal e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia son as entidades beneficiarias deste proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013.

O acceso da poboación feminina aos servizos e equipamentos de CEDIM artéllase arredor dos catro Centros de Información á Muller que, no marco deste proxecto, se poñen en marcha nos municipios galegos de Tui, A Cañiza e Monterrei (Galicia) e no portugués de Vila Verde. A constitución desta rede, así como a creación da figura da ‘dinamizadora de centros compartidos’ ou o desenvolvemento dunha plataforma web de promoción da incorporación das mulleres ao mercado laboral, son algúns dos mecanismos que se habilitan para promover a utilización conxunta dos equipamentos e servizos existentes na raia galaico-portuguesa e potenciar así a participación das mulleres de ambos lados da fronteira.

Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia