CEDIM

Rede Union Cooperacion

Actuacións

Á marxe das actividades de xestión, coordinación e comunicación que se leven a cabo no marco do desenvolvemento do proxecto, as súas liñas de actuación principais serán as seguintes:

Análise das estruturas institucionais para a cooperación transfronteiriza

Beneficiarios participantes

  • Secretaría Xeral da Igualdade – Xunta de Galicia
  • Comissão para a Cidadania e a Igualdade de Género
  • Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
  • Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

Accións concretas:

  • Análise do impacto da creación de centros compartidos de información ás mulleres: elaboración dun estudo que recolla a necesidade e o impacto provocado polo establecemento de servizos comúns entre os territorios participantes no proxecto. Este estudo recollerá ademais as necesidades técnicas e persoais dos centros de información ás mulleres no exercicio do seu labor de información, formación e orientación aos colectivos raianos. Esta acción será liderada pola Secretaría Xeral da Igualdade, que contará coa colaboración da Comissão para a Cidadania e a Igualdade de Género para a recollida de información.
  • Deseño dun Protocolo de intervención conxunta para a promoción da Igualdade a ambos os dous lados da fronteira galego portuguesa: elaboración dun protocolo de intervención conxunta dos centros compartidos en materia de información, formación e orientación de atención aos colectivos raianos, a través do establecemento dun marco normativo de cooperación. A elaboración deste protocolo será coordinada pola Comissão para a Cidadania e a Igualdade de Género, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.
  • Xornada técnica de presentación de estudos para o intercambio de experiencias e a transferencia de resultados para a cooperación: finalizadas as accións anteriores, celebrarase unha xornada técnica para a presentación do estudo e do protocolo. Esta xornada terá a finalidade de que as entidades que estean a desenvolver proxectos do POCTEP (ou de carácter transfronteirizo, transnacional ou interrexional), poidan coñecer as conclusións extraídas no estudo, así como a ferramenta deseñada para promover a cooperación e xestión conxunta para a integración socioeconómica e institucional, neste caso, a través de centros de información ás mulleres. Esta xornada, que será coordinada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, contará coa implicación de todos os socios.

Implementación e desenvolvemento de equipamentos e servizos conxuntos

Beneficiarios participantes

  • Secretaría Xeral da Igualdade – Xunta de Galicia
  • Comissão para a Cidadania e a Igualdade de Género
  • Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
  • Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

Accións concretas:

  • Apertura de centros compartidos de información, formación e orientación ás mulleres: establecemento no territorio obxecto de intervención de centros compartidos de información ás mulleres de utilización conxunta para a poboación raiana, que realizarán actividades de información, formación e orientación. No marco desta acción, o partenariado promoverá a elaboración dun protocolo de avaliación que recolla o grado de implementación e aceptación do uso compartido de equipamentos e servizos entre a poboación diana, a través da fixación de indicadores de satisfacción.
  • Foro para analizar o mapa de recursos transfronteirizos para a promoción da igualdade: organización dun foro transfronteirizo coa finalidade de recopilar, analizar e difundir os recursos existentes a ambos lados da fronteira galego portuguesa para a promoción da igualdade entre mulleres e homes. Este foro contará coa participación das e dos axentes de igualdade, asociacións de mulleres e actores/actrices clave no ámbito da igualdade de oportunidades. O contido do foro será amplamente difundido, contribuíndo así a sensibilizar a toda a cidadanía na igualdade entre mulleres e homes e a dar a coñecer os recursos ás usuarias para mellorar así a eficacia destes.
  • Deseño integral de ferramentas para o fomento do teletraballo transfronteirizo feminino. Creación dunha plataforma web de traballo colaborativo, vixilancia/banco de ideas, para compartir boas prácticas, para a xestión documental, cadro de mando de dinamización... e para promover, entre outras cuestións:
    • A activación laboral das mulleres
    • A optimización das oportunidades de traballo para as mulleres na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal
    • A mobilidade laboral transfronteiriza
    • A creación de ferramentas para o teletraballo

Formación e activación de mulleres e profesionais do ámbito da igualdade

Beneficiarios participantes

  • Secretaría Xeral da Igualdade – Xunta de Galicia
  • Comissão para a Cidadania e a Igualdade de Género
  • Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
  • Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

Accións concretas:

  • Deseño do Plan Integral de formación para as usuarias e para o persoal técnico: deseño de contidos do plan de formación integral dirixido ás persoas usuarias dos centros compartidos e ao persoal encargado da dinamización da zona de influencia do proxecto
  • Posta en marcha dos itinerarios integrados para a activación laboral: establecemento dun programa para a formación en detección de oportunidades de emprego e activación laboral dirixido ás usuarias dos centros compartidos, a través da utilización das novas tecnoloxías mediante unha unidade móbil que percorrerá o territorio de implementación do proxecto.
  • Constitución de grupos de traballo transfronteirizos: desenvolvemento dun programa de intercambio do persoal técnico dos centros compartidos de ambos lados da fronteira, mediante a creación de grupos de traballo encargados de deseñar a programación de actividades compartidas.

Creación dunha rede de centros compartidos

Beneficiarios participantes

  • Secretaría Xeral da Igualdade – Xunta de Galicia
  • Comissão para a Cidadania e a Igualdade de Género
  • Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

Accións concretas:

  • Creación da rede de centros compartidos: fixación do marco normativo axeitado que recolla o establecemento dunha rede transfronteiriza de colaboración na implementación e desenvolvemento dos centros de información, formación e orientación dirixidos á poboación 'diana'.
  • Implementación dun plan de dinamización de centros compartidos para a súa sustentabilidade: establecemento nos centros compartidos de información, formación e orientación ás mulleres, dun plan de dinamización para garantir así a súa sustentabilidade unha vez rematado o proxecto.
  • Xornada de intercambio de experiencias para a dinamización de centros compartidos de información, formación e orientación ás mulleres: celebración dunha xornada para aposta en común do  know how para a dinamización de centros, así como de recursos e servizos destinados a informar, formar e orientar ás mulleres.
Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia