Esta iniciativa, dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, ten por obxecto, ademais de incentivar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.
‘Ludonadal’ realizarase no centro infantil do CEIP Amaro Refojo, do día 21 de decembro ata o 4 de xaneiro, de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas (os días 21, 23, 27 e 28 de decembro e 4 de xaneiro non haberá servizo de ludoteca infantil xa que os/as monitores/as formarán parte das actividades programadas para o Nadal).
Para poder acceder a esta actividade, na que seis monitores/as encargaranse da dinamización da mesma, será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente, xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER -existindo un límite mínimo de cinco euros (nun só ticket o en varios que sumen este total)-. Con todo, esta ano hai unha importante novidade, xa que ademais de poder acceder mediante a entrega dun vale tamén se pode abonar o servizo de Ludonadal.
O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 20 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 10 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 5 euros (día completo) ou de 2,50 euros (medio día).
Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988-414776.