CEDIM

Rede Union Cooperacion

Convite á presentación de artigos 'As mulleres nas profesións xurídicas: experiencias e representacións'

Valoración 
 
Convite á presentación de artigos 'As mulleres nas profesións xurídicas: experiencias e representacións'
Data:
20 xaneiro 2014
Descrición:

Organización: Madalena Duarte
Prazo para envío dos artigos: 20 de xaneiro de 2014

No proceso de consolidación e fortalecimento do Estado, a centralidade do dereito e da administración pública foi identificada principalmente como unha prerrogativa masculina. Na segunda parte do século XX, as teóricas feministas demostraron que a produción masculina do coñecemento - a través do Dereito, da ciencia ou da cultura - creou xerarquías que consignaron ás mulleres á inferioridade e á exclusión. Se hai dúbidas que o Dereito produza, per se, relacións patriarcais, o mesmo xa non acontece relativamente á contribución que aquel dá á perpetuación, lexitimación e reprodución das mesmas na sociedade. Neste sentido, o modelo tradicional de socialización das profesións xurídicas foi construído como un espazo descoñecido para as mulleres, confinadas durante moito tempo ao espazo privado, onde a emoción prevalecía á racionalidade e a subxectividade á obxectividade, características que se cría interferiren negativamente no proceso de decisión e no exercicio de poder. Por estas razóns, a presenza de mulleres en profesións xurídicas é unha tendencia recente. Para tal contribuíu a loita dos movementos de mulleres e o aumento da igualdade no acceso educacional. Este fenómeno ten contornos distintos en cada cultura xurídica e non ten o mesmo ritmo en todas as áreas ou, sequera, en todos os países. No entanto, nas últimas décadas, tornouse evidente nas sociedades contemporáneas a crecente feminización das profesións xurídicas. Nun primeiro ollar, o aumento exponencial da participación feminina en todas as áreas do dereito, incluíndo nas magistraturas, aseméllase á sinopse dunha historia de éxito, na cal a exclusión e a inacessibilidade das mulleres estarían superadas. Unha análise máis afondada revela, con todo, mecanismos e procesos dunha persistente segregación das mulleres, disimulados, refinados, perversamente consensuais e consentidos.

Este número temático da e-cadernos ces, parte do traballo de discusión desenvolvido nos últimos dous anos no ámbito do proxecto 'As mulleres nas magistraturas en Portugal: percorridos, experiencias e representacións'. O número ten como obxectivo recoller contribucións para esta discusión, non se cinguindo no entanto a Portugal, mais anhelando experiencias comparadas que respondan a algunhas cuestións: As mulleres na administración e distribución de xustiza tenden a permanecer nas marxes do poder e do privilexio? Cando se fala en feminización do xudiciario, procura verse só o aumento do número de mulleres nas profesións xurídicas ou, polo contrario, estaremos perante unha outra forma de administrar e facer xustiza en que unha variábel determinante é o xénero?. Procurando cubrir esta lagoa na investigación socioxurídica, o obxectivo xeral deste número consiste en estudar os percorridos e experiencias das mulleres nas profesións xurídicas, procurando aínda coñecer as representacións, quere por parte dos/as profesionais de xustiza, quere por parte da sociedade, relativamente ao papel daquelas no sistema de xustiza.

A e-cadernos ces é unha publicación online, con acceso libre, que se basea nun sistema de avaliación por pares e editada polo Centro de Estudos Sociais. Integra actualmente: CAPES, EBSCO e Latindex. Para máis informacións sobre a publicación consulte: http://www.ces.uc.pt/e-cadernos/pages/pt/indice.php.

Todos os textos deben ser sometidos na súa versión completa, en lingua portuguesa, inglesa ou castelá. Poden ter entre 50 e 70 mil carácteres (con espazos), incluíndo notas e referencias bibliográficas. Para a sección final @cetera, poden ser presentados entrevistas e debates (máx. 25 mil carácteres) ou recensións críticas inéditas (máx. 5 mil carácteres).

As normas detalladas para submisión dos textos están dispoñíbeis en http://www.ces.uc.pt/e-cadernos/medía/Normas_publicacao_e_cadernos.pdf. As mensaxes deben ser enviadas para e-cadernos@ces.uc.pt e indicar explicitamente que se refiren ao número temático en cuestión : 'As mulleres nas profesións xurídicas: experiencias e representacións'

Todas as contribucións estarán suxeitos a un proceso de arbitraxe científica.

Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia