CEDIM

Rede Union Cooperacion

Xornadas formativas: Rede-Emprende en Igualdade na Cañiza

Valoración 
 
Xornadas formativas: Rede-Emprende en Igualdade na Cañiza
Data:
16 decembro 2013 - 16 decembro 2013
Descrición:

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia,  pon en marcha o programa Rede-Emprende en Igualdade para mellorar as capacidades de emprendemento  e busca de emprego feminino a través do fomento e coñecemento das competencias e formación tecnolóxica e redes sociais .

Co obxectivo de asesorar e apoiar a mulleres emprendedoras para axudalas na posta en marcha e modernización das súas empresas e na busca de emprego, o programa Rede-Emprende desenvolverá un curso na Cañiza do 13 ao 16 de decembro.
 
As asistentes recibirán formación e asesoramento en Internet e redes sociais, novas tecnoloxías e emprendemento, novas tecnoloxías e busca de emprego e redes e transposición de experiencias, fomentando así a súa adaptabilidade e competitividade no mercado actual.

Para inscribirse porse en contacto co Concello da Cañiza

Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia