CEDIM

Rede Union Cooperacion

Mesa redonda con outras dúas experiencias transfronteirizas

Valoración 
 
Data:
26 outubro 2011
Horario:
12:00 horas
Descrición:

A Eurocidade Chaves-Verín e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal vanlle presentar este mércores ás entidades socias do proxecto CEDIM as súas experiencias na posta en marcha de servizos transfronteirizos.

A través dunha mesa redonda que terá lugar no Museo Pedagóxico Galego a partir das 12:00 horas, representantes de ambos proxectos achegaranlle á Secretaría Xeral de Igualdade, á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, a Comissâo para a Cidadanía e a Igualdade de Género de Portugal e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia información relevante sobre o desenvolvemento e xestión dos proxectos que levan a cabo.

 

Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia