CEDIM

Rede Union Cooperacion

Biblioteca

Nesta sección poderás consultar aqueles documentos que teñen relación co desenvolvemento do proxecto CEDIM e con outros proxectos relacionados, ben porque pertencen ao seu ámbito de actuación, porque foron desenvolvidos polos mesmos socios, etc.

A Perspectiva de Xénero en Proyectos Equal de inserción

A Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes é un principio esixido en todas as políticas e actuacións da Unión Europea. A incorporación deste principio, baseada na análise da realidade e situación de discriminación por razón de sexo existente, foi evolucionando até o momento actual, no que a súa aplicación pasou a ser transversal en todas as políticas e actuacións comunitarias.

Guía de desenvolvemento de competencias persoais

Adoptar unha perspectiva de xénero non consiste en falar de "cousas de mulleres" ou, dito doutro xeito, os asuntos das mulleres, ou a análise da realidade desde a perspectiva de xénero, deben ser interpretados como asuntos de primeira orde que atinxen a mulleres e homes.

Así, entendemos que a mellora da situación das mulleres como colectivo significa unha mellora no benestar da sociedade en xeral, xa que este será imposible sen a participación da metade da humanidade que estas  representan. Porque, sen dúbida, homes e mulleres teñen moito máis que gañar nun mundo máis equitativo e xusto.

O Proxecto Diana é un proxecto de inserción laboral posto en marcha pola Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, a través da Secretaría Xeral
da Igualdade, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco da Iniciativa Comunitaria Equal.

A “Guía metodolóxica para o desenvolvemento das competencias persoais” enmárcase dentro das accións previstas nas sete liñas fundamentais de intervención do Proxecto Diana.

Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia