CEDIM

Rede Union Cooperacion

Centros de nova creación

A área de intervención directa do proxecto da Rede Transfronteiriza de Centros para Mulleres abrangue as comarcas galegas da Paradanta, conformada polos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente; e da de Verín, que ademais do concello do mesmo nome inclúe aos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós e Vilardevós; así como os concellos de Tui, en Galicia, e de Vila Verde en Portugal.

O acceso da poboación feminina aos servizos e equipamentos de CEDIM artéllarase arredor dos catro Centros de Información á Muller que, no marco deste proxecto, se poñen en marcha nos municipios galegos de Tui, A Cañiza e Monterrei (en Galicia) e no portugués de Vila Verde.

A apertura destes centros compartidos de información, formación e orientación ás mulleres, que se establecerán no territorio obxecto de intervención para a súa utilización conxunta por parte da poboación raiana, correspóndese con unha das accións enmarcadas no segundo bloque de actuacións do proxecto, o que define a 'Implementación e desenvolvemento de equipamentos e servizos conxuntos'. No marco desta acción, o partenariado de CEDIM promoverá tamén a elaboración dun protocolo de avaliación que recolla o grado de implementación e aceptación do uso compartido destes equipamentos e servizos entre a poboación á que van dirixidos.

Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia