CEDIM

Rede Union Cooperacion

Multimedia imaxes

Nesta sección atoparás as galerías de imaxes relacionadas co proxecto.

Curso formación en Igualdade Vila Verde
23 novembro 2012

O CEDIM pon en marcha cursos de formación en igualdade dirixidos a persoal político e técnico. A iniciativa, que se desenvolverá nos concellos de Vila Verde, Tui, Monterrei e A Cañiza ao longo deste mes, está dirixida ao persoal dos centros CEDIM, dos concellos e doutras institucións que operan no territorio, co obxectivo de implicar ás diferentes áreas municipais e axentes sociais na incorporación da perspectiva de xénero, tanto nas dinámicas de traballo internas como na organización de actividades e prestación de servizos á cidadanía

Obradoiro Vila Verde - Imagen pessoal
21 novembro 2012

Dentro das actividades desenvolvidas dentro do proxecto CEDIM para desenvolver as habilidades competenciais e coñecementos encamiñados facilitar a orientación laboral da muller, incrementar a súa empergabilidade e favorecer o crecemento persoal, celebrouse o obradoiro sobre a imaxe persoal o pasado xoves día 19 de novembro

Festa das Colheitas
9 outubro 2012

Dende o día 4 ao 7 de outubro, tivo lugar en Vila Verde a Festa das Colheitas na que o proxecto CEDIM participou activamente, contando cun espazo dende o que se proporcionou todo tipo de información sobre a Rede Transfronteiriza de Centros de Dinamización Integral para as Mulleres, coa finalidade de facilitar o acceso da poboación feminina aos servizos e equipamentos de CEDIM que se están a artellar arredor dos catro Centros de  Dinamización Integral situados nos municipios galegos de Tui, A Cañiza e Monterrei e no portugués de Vila Verde

Foro de Igualdade - A Cañiza
2 outubro 2012

Coa celebración o martes do Foro da Igualdade da Cañiza, péchase a rolda de encontros e debate celebrados nas catro localidade que participan no proxecto da Rede Cedim.
En total máis de 150 persoas, veciñas e veciños dos concellos, representantes de entidades e responsables de áreas municipais, achegáronse aos Foros para trasladar as súas demandas e propostas encamiñadas a mellorar a calidade de vida das mulleres e facer máis efectivas actuacións a prol da igualdade.
As ideas e propostas recollidas serán de gran utilidade para o deseño do Plan de Dinamización da Rede de Centros.
Agradecemos a participación de todas as persoas que se achegaron aos Foros e compartiron o seu tempo e reflexións co proxecto Cedim.

27 setembro 2012

O pasado 27 de setembro celebrouse o Foro de Igualdade en Monterrei. O encontro resultou un éxito en canto ao número de persoas participantes (60) que, ao longo de hora e media, estiveron traballando en grupos na identificación de necesidades e na formulación de propostas encamiñadas a mellorar a calidade de vidas das mulleres da comarca. Veciñas, na súa maioría do propio concello de Monterrei, as mulleres achegáronse ao Foro onde tamén participaron colectivos e entidades sociais e persoal técnico do Concello e dos municipios da comarca.

26 setembro 2012

Celebrado o día 26 de setembro en Vila Verde ás 17:30 (hora local), na Casa do concello

26 outubro 2011

Suporá a creación de catro centros de uso compartido, tres en Galicia e un en Portugal, nas localidades de Tui, A Cañiza, Monterrei e Vilaverde, para unha poboación feminina que supera as 430.800 mulleres. A iniciativa, enmarcada no proxecto CEDIM, foi presentada esta mañá en Santiago nun acto ao que asistiron responsables de ambas as dúas administracións.

Exposición Mulleres no obxectivo
25 maio 2011

A mostra, que recolle fotografías de 23 fotoxornalistas galegos/as que nos achegan ao día a día das mulleres no seu traballo ao longo da historia, está percorrendo os distintos concellos de Galicia e fixo unha escala en Portugal.

Sinatura do protocolo
4 marzo 2011

O proxecto CEDIM xurdiu da necesidade de dotar ás zonas transfronteirizas de mellores recursos en materia de igualdade, e facelo de forma coordinada para aproveitar sinerxías que poderán mellorar considerablemente a situación das mulleres, especialmente no que se refire á súa formación e ao emprego.

Acordo de cooperación
15 febreiro 2011

O proxecto ten como obxectivo mellorar as condicións de vida das mulleres da zona transfronteiriza, dotándoas de formación, información e recursos baixo a utilización compartida de equipamentos e servizos, o que permitirá un mellor aproveitamento e mellor atención ás mulleres, especialmente no que se refire á súa formación e ao emprego.

Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia