CEDIM

Rede Union Cooperacion

Resolución das solicitudes do Programa Emega e ampliación do prazo de xustificación

Publicadas no DOG a relación de beneficiarias das axudas do programa EMEGA, así como a ampliación do prazo para a presentación da documentación xustificatvia

Valoración 
 

Santiago de Compostela, 28 novembro 2013.- Resolución do 25 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, convocadas pola Resolución do 10 de xuño de 2013, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

En dita resolución resólvese a concesión de axudas económicas para apoio das iniciativas empresarias lideradas por mulleres, así mesmo indícase a causa específica daquelas solicitudes denegadas.

Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda ou subvención corrente destinada ao fomento do emprendemento feminino, ben a través da creación de emprego autónomo, ben pola xeración de postos de traballo por conta allea para mulleres.

Durante os tres anos seguintes á adquisición da condición de beneficiaria, ou da alta das traballadoras por conta allea de ser esta posterior, todas as beneficiarias están obrigadas a achegar no mes de decembro de cada exercicio o informe de situación, emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, de todos os códigos de cotización da empresa no cal consten todos os contratos vinculados á axuda.

Accede aquí á publicación do DOG para consultar a lista de beneficiarias

Resolución do 26 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Resolución do 10 de xuño de 2013 pola que se convocan para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

Para a xustificación das axudas concedidas, auméntase o prazo de presentación da documentación por parte das entidades, do 30 de novembro ao 20 de decembro de 2013 e nos lugares indicados no artigo 4 desta convocatoria, a documentación que sinala a base 14ª das bases reguladoras

Acceso á publicación do DOG

Fonte : Diario Oficial de Galicia
Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia