CEDIM

Rede Union Cooperacion

Campaña para a 'Eliminación de todas as formas de Violencia Contra as Mulleres'

O Goberno portugués e o Secretario Executivo da CPLP sinalaron o Día Internacional para a Eliminación de Todas as Formas de Violencia contra as Mulleres co lanzamento dunha campaña conxunta a replicar en todos os Estados membros, sobre o lema «contra a violencia eu dou a cara».

Valoración 
 

Lisboa, 28 novembro 2013.- Esta campaña xorde tras a resolución do XVIII Consello de Ministros da CPLP, de 18 de Xullo de 2013, decorrido en Maputo, o cal reafirmou os compromisos internacionalmente asumidos - relativos á promoción e respecto polos dereitos humanos das mulleres, incluíndo en materia de Igualdade de Xénero e Empoderamento das Mulleres - e reiterou a Convención da ONU sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra as mulleres e as resolucións da Asemblea Xeral da ONU sobre a intensificação dos esforzos para eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres.

A campaña de sensibilización conxunta sobre a eliminación da violencia contra as mulleres en todos os países da CPLP foi lanzada en simultáneo en todos os Estados-membros, o día 25 de Novembro de 2013.

Máis información en: http://www.naoviolenciacontramulheres.cplp.org/

Fonte : CIG
Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia