CEDIM

Rede Union Cooperacion

Axudas do IGAPE para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 18 de febreiro de 2014

Valoración 
 

Santiago de Compostela, 2 decembro 2013.- Resolución do 26 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 €, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As bases establecen medidas dirixidas a incrementar a capacidade tecnolóxica das pemes, especialmente daquelas que teñan vocación de crecemento como medio para aumentar a súa competitividade, contribuír ao crecemento sustentable e, en consecuencia, favorecer o emprego e a xeración de riqueza.O obxecto desta liña de axuda é apoiar a adquisición de equipamento tecnolóxico das pemes no sector servizos.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non excluída no citado Regulamento (CE) nº 800/2008, xeral de exención por categorías, e acometan proxectos subvencionables.

A subvención poderá chegar ata o 40 % dos investimentos subvencionables, e ata o 50 % se se dirixe exclusivamente a pequenas empresas

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 18 de febreiro de 2014.

Acceso ao DOG

Fonte : DOG
Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia