CEDIM

Rede Union Cooperacion

Verín participa no proxecto hispano-noruego "Equilibrio-Balance: por unha conciliación corresponsable"

O Concello de Verín é un dos 17 municipios españois e noruegos seleccionados para participar no proxecto, destinado á realización dun plan de conciliación municipal.

Valoración 
 

Verín, 2 decembro 2013.- Realizado no marco da cooperación establecida entre os países do Espazo Económico Europeo (EEE) e o Goberno de España, o Proxecto Equilibrio conta coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Asociación Noruega de Autoridades Locais e Rexionais (KS) e ten como finalidade principal fomentar a conciliación e a corresponsabilidade no ámbito local.

O proxecto, que ten en conta experiencias anteriores, ofrece unha serie de novidades como a participación dos axentes sociais locais (sindicatos e empresas) e de entidades educativas e cidadás. Tamén se considera a posibilidade de, ademais do apoio técnico, proporcionar apoio económico para aquelas medidas de maior interese ou carácter innovador e que se consideren relevantes como boas prácticas exportables a outros ámbitos, como por exemplo medidas de fomento de gardarías en polígonos industriais, acordos para a regulación e compatibilización de horarios, bancos de tempo ou accións de formación e sensibilización en conciliación e corresponsabilidade.

Para a realización dos plans de conciliación, as localidades participantes contarán con asistencia técnica que lles dará apoio durante as tres fases do programa: diagnóstico da situación, elaboración do plan de conciliación cunha perspectiva integral e a aplicación e seguimento deste.

Fonte : Concello de Verín
Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia