CEDIM

Rede Union Cooperacion

Axudas do IGAPE de apoio ás iniciativas abertas de difusión

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 3 de marzo de 2014

Valoración 
 

Santiago de Compostela, 2 decembro 2013.- Co obxectivo de incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido ás iniciativas abertas de difusión, entendendo por tales:

  • Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.
  • Celebración en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).
  • Celebración en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional.O alcance internacional do evento proposto será determinado en función do seu historial previo de congresistas e relatores no caso de congresos ou de asistentes e expositores no caso de eventos expositivos, non poderán, por tanto, ser considerados como tales as primeiras edicións dun determinado congreso ou evento, aqueles cuxa periodicidade sexa inferior a un ano, nin aqueles cuxo carácter internacional estea exclusivamente determinado por unha asistencia transfronteiriza ou pola presenza de relatores estranxeiros.

Poderán ser beneficiarios as entidades sen fin de lucro, con personalidade xurídica propia (organismos intermedios), que cumpran as seguintes condicións:

  • a) Que estean domiciliadas en Galicia ou que, tendo algún centro de actividade en Galicia, desenvolvan en Galicia, na súa totalidade, o proxecto obxecto de apoio.
  • b) Que a súa actividade estea dirixida eminentemente ao mundo empresarial.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 3 de marzo de 2014.

Acceso ao DOG

Fonte : Diario Oficial de Galicia
Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia