CEDIM

Rede Union Cooperacion

70 mulleres participaron no taller para a activación laboral do CEDIM en Monterrei

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou en Monterrei na clausura do itinerario para a activación laboral do Proxecto CEDIM.

Valoración 
 

Monterrei, 9 decembro 2013.- Esta iniciativa permitiu a 70 mulleres desempregadas de Galicia e Portugal obter os coñecementos necesarios para introducirse con éxito no mercado laboral.

O Itinerario para a activación laboral, de carácter eminentemente práctico, introduce a perspectiva de xénero no deseño e desenvolvemento dos contidos, que se estruturan en dous módulos: Detección de oportunidades de emprego -do que hoxe se entregaban os diplomas en Monterrei- e Mellora das habilidades sociais e comunicativas.

O primeiro módulo, Detección de oportunidades de emprego, xira en torno a dous eixes: o emprego por conta allea e o autoemprego. No primeiro faise unha pequena análise do mercado laboral así como propostas para a reflexión sobre a situación de mulleres e homes no emprego; ademais formúlanse alternativas e sinálanse ferramentas para o éxito nos procesos de busca de emprego. No segundo explóranse as fórmulas máis axeitadas para poñer en marcha unha idea de negocio.

Pola súa banda, o módulo de Mellora das habilidades sociais e comunicativas aborda aspectos como comunicación, as habilidades relacionadas cos sentimentos, o traballo en grupo e a motivación para explorar, dun xeito moi práctico, a parte relacionada coas habilidades persoais, a comunicación e os estilos de conduta social.

Entre os perfís predominantes das alumnas atópanse mulleres paradas de longa duración, mulleres que procuran o seu primeiro emprego e mulleres maiores de 45 anos que queren reincorporarse ó mercado laboral.

Fonte : Xunta de Galicia
Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia