CEDIM

Rede Union Cooperacion

Dezaoito mulleres participan nun curso de asesoramento e formación a mulleres empregadas na aula Cemit de Tui

O curso de asesoramento e formacón dixital para mulleres emprendedoras que é promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia no marco do programa Rede-Emprende en Igualdade.

Valoración 
 

Tui, 12 decembro 2013.- Este curso responde ao compromiso asumido pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, na súa visita a Tui para a clausura do curso da formación da Rede Cedim hai escasamente dúas semanas, onde as participantes naquela actividade solicitaron unha maior formación en materia de alfabetización dixital.

Agora realizase este curso co obxectivo de asesorar e apoiar a mulleres emprendedoras para axudalas na posta en marcha e modernización das súas empresas e na busca de emprego, o programa Rede-Emprende desenvolve este curso na Aula CEMIT de Tui o 9,10,12,13 e 16 de decembro cunha carga lectiva de 20 horas en horario de tarde, de 17h a 20h .

As asistentes recibirán formación e asesoramento en Internet e redes sociais, novas tecnoloxías e emprendemento, novas tecnoloxías e busca de emprego e redes e transposición de experiencias, fomentando así a súa adaptabilidade e competitividade no mercado actual.

Na tarde de onte a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Tui, Olga Montes Moldes, saudou ás asistentes a esta acción formativa, agradecendo a súa implicación nestes procesos e amosando o compromiso do goberno municipal tudense nesta materia.

Fonte : Concello de Tui
Buscador de actividades
Buscador de centros
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
Fomento de Calidade Industrial Comissão para a Cidadania Xunta de Galicia